10.4 C
Santa Comba
domingo, noviembre 3, 2024

A patronal xalleira asina un convenio con ABANCA

A presidenta da asociación de empresarios de Santa Comba, Teresa Castro Rodríguez e o director de zona de ABANCA en Santiago/Xallas/Ulla, José Antonio Seoane Gómez veñen de asinar un convenio financieiro entre as dúas entidades «co obxectivo de impulsar, fundamentalmente a través do crédito, o investimento e a mellora competitiva das empresas adheridas a esta organización empresarial».

Segundo a nota de empresa difundida pola asociación de empresarios xalleira «o convenio facilita que os empresarios e emprendedores da localidade asociados accedan a unha ampla oferta financeira con condicións melloradas respecto ao mercado. Este colectivo contará con produtos especificamente deseñados para facilitar a posta en marcha de proxectos empresariais na zona ou a mellora competitiva dos que xa están establecidos. Á súa disposición ABANCA pon tamén préstamos e hipotecas dirixidos ao investimento, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e con xuros moi competitivos».

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos