9.2 C
Santa Comba
jueves, enero 23, 2025

Neda licita o Plan de Obras provincial

O Concello de Neda sacou a contratación as obras que financiará con cargo ao Plan de Obras e Servizos (POS) Plus, un plan da Deputación da Coruña que unifica varios programas de axudas.

O total da inversión ronda os 164.000 euros e as intervencións previstas pasan pola mellora de tres importantes viais. Estes son os camiños de Viladonelle, Rabadeña-Gunduriz e Costa da Silva-Gunduriz. En total serán case 3.400 metros de infraestrutura viaria os que se verán afectados

polo plan de mellora que o goberno de Neda espera levar a cabo antes da chegada do mal tempo.

O acondicionamento das vías de comunicación é, para o goberno, unha inversión prioritaria nun municipio con máis de 23 quilómetros cadrados de superficie e unha población que non chega aos 5.200 habitantes.

Fonte-Concello de Neda

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos