13.4 C
Santa Comba
jueves, septiembre 5, 2024

Unha persoa ferida ao estoupar un forno de gas nunha vivenda de Corme

A explosión dun forno de gas rexistrada onte nunha vivenda do concello de Ponteceso sáldase cunha persoa ferida por queimaduras. A vítima resultou ferida de carácter leve e acudiu polos seus propios medios a un centro sanitario.

Os feitos tiveron lugar nunha propiedade da rúa Arnela, na parroquia de Corme Porto. A pesar do estoupido do forno, o resto da estancia non se viu afectada. Tampouco sufriu dano algún a bombona situada a carón do forno.

Foi unha persoa particular a que deu a voz de alarma ao 112 Galicia ás 22:00 horas de onte.

O persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informou ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Bergantiños, ao GES de Ponteceso, a Protección Civil e á Garda Civil. A situación tamén foi posta en coñecemento da empresa responsable da subministración de gas.

Fonte-Axega 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos