A parroquia de Baíñas tamén terá ruta das Tapas, os vindeiros 30, 31 de agosto, e 1 de setembro, coa participación de Parrillada Hermida, Restaurante O Cabral, Bar Katuxa´s e Café bar Casa Calzón.
A organización corresponde á asociación cultural e deportiva Os Campelos, que tamén contará cun stand de degustación. A tapas poderán consumirse polo prezo simbólico de 2 euros, xunto cunha auga ou un quinto de cervexa.
Os horarios desta ruta, que será presentada o vindeiro domingo, serán os seguintes, mércores 30(19,00 a 21,00h) , xoves 31 de agosto, e 1 de setembro( de 13,00 a 15,00 e de 19,00 ás 23,00h).