9.2 C
Santa Comba
jueves, enero 23, 2025

Unha muller ferida ao sufrir un accidente cun tractor en Mazaricos

Un accidente de tractor rexistrado en Mazaricos deixa unha muller ferida. A máquina agrícola atrapoulle unha perna. Os técnicos do equipo sanitario encargáronse de liberar a vítima. Os feitos tiveron lugar nunha leira situada en Gosolfre, na parroquia de Chacín.

O 112 Galicia tivo coñecemento do ocorrido ás 14:10 horas desta tarde, a través dun aviso do 061-Urxencias Sanitarias. Os efectivos médicos solicitaban apoio para trasladar a muller dende o punto do accidente á ambulancia. Con estes datos, dende a central do 112 alertouse aos Bombeiros do Xallas, ao GES de Muros, a Protección Civil e á Garda Civil. A muller foi evacuada nunha ambulancia a un centro hospitalario.

Fonte-Axega112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos