8.1 C
Santa Comba
sábado, enero 25, 2025

Ovidio Rodeiro visita o heliporto da Lomba

O delegado territorial de Xunta de Galicia, Ovidio Rodeiro, realizou unha visita ao heliporto da Lomba, en Fontecada, no concello de Santa Comba, que conta desde primeiros de xullo cun helicóptero biturbina de extinción de incendios, que está dotado dun helibalde para o lanzamento de auga de ata 1.500 litros de capacidade, cunha brigada helitransportada de dez persoas.

Ovidio Rodeiro estivo na base xalleira acompañado pola alcaldes María Pose e polos concelleiros Esther Espasandín, José Pose, Javier Facal e Juan Carlos Pérez, así como polos nenos que están participando no Verán Lúdico e no Campamento de Inglés que organiza o concello xalleiro.

Rodeiro destacou que «os helicópteros son un medio esencial para combater os incendios forestais, sobre todo os máis difíciles, pola súa capacidade de transportar de inmediato a calquera punto do terreo unha brigada forestal de bombeiros e preto dun metro cúbico de auga». Ademais, o delegado tamén resaltou a gran capacidade de accesibilidade e persistencia no traballo deste medio aéreo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos