Unha persoa tivo que ser excarcerada despois de quedar atrapada debaixo do coche no que viaxaba no termo municipal coruñés de Negreira. A vítima, que sufriu só unhas rozaduras, foi trasladada a un centro hospitalario.
Os feitos tiveron lugar na rúa Patrocinio. Un particular alertaba do ocorrido ao 112 Galicia ao fío das 4:00. A partir de aí, dende o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasábase o aviso aos Bombeiros de Santa Comba, ao GES de Brión, á Garda Civil de Tráfico e a Urxencias Médicas.