O profesorado e o persoal do C.E.I.P. Barrié de la Maza de Santa Comba celebrou un xantar fin de curso na área recreativa de Chans, no concello da Baña, que serviu tamén para despedir aos profesores Mónica Vilariño e Rafael del Río, este último que exerceu preto de dez anos como secretario do centro educativo.
Na segunda foto, Rafael del Río(primeiro esquerda), acompañado pola directora Dolores Nieto, pola xefa de estudos, Dolores Pérez, polo profesor César Ramos, que será o seu substituto na secretaría do colexio e por dous antigos profesores que tamén foron secretarios, os señores Pardiñas e Grille.