Por outra banda, dúas persoas tiveron que ser trasladadas onte a un centro hospitalario despois de saírse da vía o vehículo no que viaxaban en Corcubión. O sinistro ocorreu na AC-445, concretamente no punto quilométrico 1.200.
O 112 Galicia recibía a alerta a través dun particular pasados uns minutos das 21:30. Indicaba no seu relato que as vítimas se atopaban accesibles.
A partir de aí, dende o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasouse o aviso a Urxencias Médicas, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Cee, Protección Civil, Policía Local e ao servizo de mantemento da estrada.