O programa de recreos saudables do C.E.I.P. Barrié de la Maza coordinado polo profesor César Ramos obtivo unha mención honorífica nos V premios de innovación educativa que promove o sindicato FETE-UGT e o movemento Escola Viva.
Este mércores o profesor César Ramos recollía a distinción, acompañado pola directora Dolores Nieto e pola xefa de estudios, Dolores Pérez Cancela.O acto desenvolveuse no salón de actos da sede da UXT en Santiago de Compostela.
«Divertipatio» persegue optimizar o tempo de recreo fomentando os xogos participativos e a actividade física, que tamén é unha boa alternativa contra a obesidade infantil.