O Partido Socialista de Malpica denuncia o «estado lamentable» no que se encontran as praias de Rías e San Miro, na parroquia de Cambre e aporta unha serie de fotografías para acreditar a súa queixa.
«Un concello que ten como bandeira o turismo e noso Alcalde vai todos os anos a Fitur (con unha dieta de 400€), non pode ter en estás condicións as praias no mes de xuño» asegura a voceira do PSOE, Isabel Loureiro.
Os socialistas aseguran que o estado dos areais «refricten que as parroquias non teñen os servizos minimos que están obligados a prestar desde o Concello, como é a limpieza e o estado das sendas e camiños». E lembran que as áreas recreativas están para que «a veciñanza poda disfrutalas no seu tempo de lecer».