O vindeiro domingo 18 de xuño a parroquia xalleira de Freixeiro celebra a festa de San Adrián. O acto relixioso prinicipal comenzará ás 13:30h. Nesta localidade mantense a tradición da poxa dos galos que terá lugar despois da misa. Máis de medio cento de galos poden ser poxados nun evento deste tipo.
A orquesta Palladium encargarase da sesión vermouth e da verbena.Os festexos continuarán o 2 de xullo, na honra da Virxe do Carme.Neste caso a música correrá por conta da orquesta Alabama.