Axentes da Policía Autonómica da Xefatura da Coruña imputaron a unha muller como presunta autora dun incendio forestal ocorrido o pasado 3 de xuño na parroquia de Sofán, no concello de Carballo.
Segundo informa a Policía Autonómica, o lume afectou a unha superficie de monte raso de 0,63 hectáreas, e produciuse cando a investigada realizaba unha queima sen gardar as debidas precaucións, aínda que si contaba co permiso correspondente. Polos feitos descritos, tramitáronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Instrución de garda de Carballo.