Unha persoa resultou ferida a pasada tarde ao colidir dous vehículos en Cee. A vítima, que quedou atrapada no interior dun dos coches implicados, foi trasladada a un centro hospitalario despois de que os Bombeiros de Cee conseguisen liberala. A inmobilizaron e a sacaron pola parte traseira do turismo. O accidente ocorreu na Avenida de Fisterra. O 112 Galicia recibía a alerta por parte de Urxencias Médicas ás 20:30 horas.
A partir de aí, dende o Centro de atención ás Emerxencias 112 Galicia requiriuse a intervención dos Bombeiros de Cee, Policía Local, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil.