O que abriu a lata foi o presidente de Compromiso por Galicia e profesor universitario Xoán Bascuas, que con retranca compartiu o seguinte tuit da Conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato Otero.
Ante os evidentes erros, empezaron a xurdir distintos comentarios ao fío da reflexión de Bascuas, que criticaban o citado tuit de Beatriz Mato que acabou sendo retirado da súa conta. Pero as críticas continuaron.
O propio Xoán Bascuas quixo deixar claro que «habitualmente non me meto coa xente que pón boa intención e intenta falar correctamente o galego porque lle peta (para empezar, este eterno neofalante que escribe, por exemplo). Pero ela, que fala galego por imperativo ritual, debería esmerarse e cometer erros cun certo nivel».