10.8 C
Santa Comba
jueves, noviembre 30, 2023

Seis persoas feridas en Padrón nun choque entre catro turismos

Unha colisión múltiple rexistrada hoxe en Padrón sáldase con seis persoas feridas. No accidente víronse implicados catro turismos.O sinistro tivo lugar na N-550, á altura da Escravitude, en sentido Pontevedra.

Unha persoa particular chamou ao 112 Galicia minutos antes as 14:00 horas de hoxe para dar a voz de alarma. Pola súa banda, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 informou a Urxencias Médicas e ao GES de Padrón. Tamén se alertou á Garda Civil de Tráfico.

Segundo se lle indicou ao 112, os vehículos sinistrados obstaculizaban a calzada, o que condicionou a circulación na zona.

Fonte-Axega 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos