A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de formalizar a recepción da obra da nova Edar de Santa Comba coa entrega ao Concello desta instalación hidráulica.
Esta edar leva en período de explotación nos últimos tres anos, polo que agora será o Concello de Santa Comba o encargado de manter e conservar as instalacións, nas que Augas de Galicia realizou un investimento de 3,5 millóns de euros, que se ubican no núcleo de Guisande e ocupa unha superficie de 4.500 m2.
A depuradora ten una capacidade de 8.000 habitantes equivalentes e da servizo a todo o núcleo de Santa Comba. O sistema de depuración conta cunha primeira fase co pretratamento cun desbaste do material grosos e outro para o material fino, o desareado e o desengrase das augas residuais. Conta tamén cun tratamento biolóxico que se realíza mediante un proceso de fangos activados en modalidade de aireación prolongada, para isto executouse un carrusel de 55 metros de lonxitude e 5 de altura. Para a seguinte fase do proceso executouse un decantador secundario de 20 m de diámetro e 2,7 de calado e para a desinfección final da auga tratada utilizase un canle de raios ultravioletas.
A EDAR tamén conta cunha liña de fangos para a súa separación deshidratación e almacenamento. As obras incluíron, ademais da EDAR, actuacións na rede xeral de saneamento.