O corpo dunha persoa apareceu esta mañanciña aboiando na dársena do porto interior de Ferrol.
Unha persoa particular chamou ao 112 Galicia ás 7:15 horas de hoxe informando de que acababa de ver un cadáver na auga.
Dende o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertouse decontado a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia. A situación tamén foi posta en coñecemento de Urxencias Médicas, de Protección Civil, da Policía Local, da Policía Nacional e da Garda Civil.
Segundo se lle indicou ao 112, o cadáver foi recuperado por unha embarcación da Policía Portuaria. Acaba de ser trasladado ao porto da cidade.