Este xoves 1 de xuño é o Día Mundial do Leite. E para celebrar esta data o concello de Mazaricos convidará a un vaso de leite a quen se achegue polas oficinas municipais. Alí está agardando a vaca Mazarica. Tamén serán convidados os nenos da escola infantil a unha degustación de produtos lácteos.
«É un xeito de facer visibles os produtos MZ. Somos un concello inminentemente gandeiro e estamos orgullosos e orgullosas de selo,
temos orgullo do noso», afirmou o alcalde de Mazaricos, Juan José Blanco Riveiro.