15.2 C
Santa Comba
lunes, diciembre 11, 2023

Compromiso quere o que concello da Baña apoie á Plataforma de Vítimas do Alvia

O voceiro municipal de Compromiso por Galicia no concello da Baña, César Ramos, solicitará no pleno ordinario do vindeiro mércores o «apoio expreso» da corporación á plataforma de vítima do Alvia-04155. No texto da moción presentada tamén se pide unha investigación a cargo dunha comisión de expertos e da apertura dunha comisión de investigación para «establecer posibles responsabilidades políticas».

Ademais, Ramos defenderá outra moción na que pide, textualmente, que » o Concello da Baña inicie os estudos e xestións necesarios para a tramitación e aprobación, a través da correspondente ordenanza fiscal reguladora, dunha taxa pola utilización ou aproveitamento do dominio público local polas empresas titulares de instalacións de transporte de enerxía eléctrica, auga, gas ou hidrocarburos, e o seu cobro en beneficio do municipio, segundo a doutrina marcala polas sentenzas do Tribunal Supremo que así o avalan».

Esta semana o concello da Baña celebrou un pleno extraordinario.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos