Ás 07:00 horas desta mañá, os servizos sanitarios informaban ao 112 Galicia doutro accidente. Neste caso, un condutor resultou ferido despois de envorcar co seu vehículo no termo municipal coruñés de Mazaricos, en Beba, na estrada que une Suevos e A Picota. Tras recibir o aviso e ante posibilidade de que o condutor puidese estar atrapado no interior do turismo, o 112 Galicia alertou aos Bombeiros de Santa Comba e ao GES de Muros. Tamén, pasou aviso á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil.
Finalmente, os servizos de emerxencia desprazados ao punto confirmaron que o ferido puido ser evacuado polo persoal sanitario, sen ser preciso o uso do material de excarceración.