15.2 C
Santa Comba
lunes, diciembre 11, 2023

Liberada unha persoa despois de saírse da vía co seu vehículo en Vimianzo

Os Bombeiros de Cee liberaron a unha persoa que quedara atrapada no interior do seu vehículo despois de saírse da vía en Vimianzo. A dotación do parque comarcal tivo que desmontar parte do coche para sacar, pola parte traseira, á vítima, que foi atendida nunha ambulancia. O accidente tivo lugar na AC-552, á altura do cruce cara Camariñas-Fisterra. Un particular alertaba do sinistro ao 112 Galicia ás 9:10 horas.

Decontado, dende o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasábase o aviso a Urxencias Médicas, aos Bombeiros de Cee, á Garda Civil de Tráfico e ao servizo de mantemento da estrada.

Fonte -Axega 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos