13.6 C
Santa Comba
jueves, septiembre 5, 2024

Un velero á deriva no cabo Ortegal foi remolcado ata o porto de Cariño

Os dous tripulantes están «en perfectas condicións» segundo a información da central de emerxencias 112 recollida por EuropaPress

Na mañanciña de hoxe o veleiro Le Poulpe de bandeira holandesa e con dous persoas a bordo foi remolcado por unha zódiac ao porto de Cariño. A embarcación tivo problemas de motor preto do cabo Ortegal cando ía cara á Coruña, segundo publicacións no Faro de Vigo.

O centro de emerxencias 112 concretou que foi alertado ás catro da mañán por un particular e tamén por un dos tripulantes que dixera que quedaran sen combustible. O 112 movilizou a súa vez a Salvamento Marítimo, aos servizos de Gardacostas de Galicia ao GES de Ortigueira e máis á Garda Civil. Con todo, cando chegaron ao lugar onde se atopaba o barco, o helicóptero Pesca 2 e a lancha Salvamar Shaula viron ca embarcación xa fora auxiliada por unha zódiac, polo que fixeron o traballo de acompañamento e control do remolque ata o porto de Cariño.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos