Unha persoa resultou ferida esta tarde ao envorcar o vehículo que conducía en Carballo. A vítima, que puido saír do turismo sen ter que ser excarcerada, foi trasladada por Urxencias Médicas a un centro hospitalario. O accidente tivo lugar na Avenida de Fisterra. Un particular alertaba ao 112 Galicia ás 14:50 horas.
Nese momento, dende o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasábase o aviso, ademais de aos servizos sanitarios, aos Bombeiros de Carballo, á Policía Local e a Protección Civil.