Accidente entre dous vehículos esta pasada madrugada na estrada que comunica Carballo con Santiago de Compostela, á altura de Rus. Segundo a TVG «os primeiros indicios apuntan cara que un dos vehículos implicados invadía o a carril contrario nun tramo de curvas encadeadas» e foi alcanzado por outro turismo.
O resultado foron tres persoas feridas, dúas persoas adultas e un neno de sete anos, que foron trasladadas a un centro hospitalario da Coruña. É unha zona onde se produciron anteriores sinistros pola perigosidade das súas curvas.