O concello de Santa Comba celebra este martes 9 de maio un pleno extraordinario con carácter urxente que comenzará as 9:30h da mañá e que terá dous asuntos na orde do día.
Despois da ratificación da urxencia da convocatoria, aprobarase a petición dun crédito extraordinario ao Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía(IDAE), para un proxecto de renovación do alumeado exterior municipal. O crédito xa fora solicitado con anterioridade, pero fora denegado pola presentación da solicitude en idioma galego.
O outro punto da orde do día é a aprobación do obradoiro Xallas-Barcala-Dubra V.