10.5 C
Santa Comba
viernes, diciembre 8, 2023

Dúas persoas feridas nun choque múltiple na Laracha

Unha colisión entre tres coches rexistrada esta mañanciña na Laracha sáldase con dúas persoas feridas. Ambas foron evacuadas a un centro hospitalario.

Unha persoa particular chamou ao 112 Galicia ás 7:40 horas desta mañá para dar conta do accidente. Segundo indicou, os feitos tiveron lugar na AC-523, nas inmediacións do Polígono de Ledoño.

Dende a central de emerxencias do 112 informouse a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de Carballo. A situación tamén foi posta en coñecemento de Protección Civil e da Garda Civil de Tráfico.

Ata o lugar do accidente desprazouse tamén, alertado polo 112 Galicia, persoal de mantemento da estrada.

Fonte-Axega 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos