O exsecretario xeral de Compromiso por Galicia e candidato á presidencia da Xunta nas últimas eleccións, Xoán Bascuas, asume a presidencia do partido galeguista co reto máis próximo de poñer en marcha unha fundación que peche a estrutura organizativa da formación. Obtivo o apoio do 97% dos afiliados.
«Estou ó servizo en calquera posto no que me sinta reclamado. O partido agora pídeme que traballe nesta área e así o farei. Porén desde xa traballaremos todos coa vista posta nas municipais, cita de importancia vital para a organización» indicou Bascuas nas súas primeiras declaracións.
O novo secretario xeral, Juan Carlos Piñeiro, expresou a súa convicción de que «Bascuas fará un bo traballo nas tarefas que se lle encomenden».