Efectivos de Protección Civil do Val do Dubra e do parque comarcal de bombeiros de Santa Comba extinguiron un lume localizado na palleira dunha casa lugar de Arabexo, na parroquia de Arabexo, no Val do Dubra.
A rápida resposta dos servizos de emerxencia fixo que o lume non pasara a maiores. Queimouse o teito, unhas alpacas e o sistema eléctrico da palleira.




