Un home foi atropelado esta madrugada no concello de Cerceda. En concreto, o sinistro tivo lugar nunha intersección situada na Silva, na parroquia de Rodís.
Segundo os datos facilitados ao 112, o varón foi atropelado por unha moza. A vítima foi evacuado polos efectivos sanitarios ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.
O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido minutos antes das 7:00 horas desta mañá, a través dunha alerta de Urxencias Médicas. Pola súa banda, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 informou aos Bombeiros de Ordes, a Protección Civil, á Garda Civil e á Garda Civil de Tráfico.
Fonte- AXEGA 112