9.2 C
Santa Comba
jueves, mayo 15, 2025

Sábados de Primavera en Dumbría

O concello de Dumbría organiza un ciclo de actividades culturais que percorrerán durante varios sábados consecutivos distintas parroquias do municipio.

Os «Sábados de Primavera» comezarán o 22 de abril cun obradoiro de marionetas na Casa da Cultura de Olveira. Unha semana máis tarde chegará a obra con marionetas «Toribio de Mañón» que se desenvolverá no edificio Bitácora de O Ézaro. O Sábado 6 de maio nas instalacións do Conco na capital municipal haberá obradoiros de globoflexia, abaloiros, etc..

E o 13 de maio, a actividade chegará a Casa da Cultura de Buxantes cunha sesión de contacontos, «Fábulas». Por último e en conmemoración do Día das Letras Galegas, a Casa da Cultura de Berdeogas acollerá o espectáculo «Cocorococó». Tódalas funcións son ás 17:30h e a entrada é de balde.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos