Un mozo senegalés de 17 años faleceu afogado na Praia coruñesa do Orzán. Cando se dispoñía a recoller un balón desapareceu entre as augas.
Ante a chamada de alerta, o 112 Galicia mobilizou sobre as 15:55h un operativo composto polo helicóptero Helimer, unha embarcación de Cruz Vermella e outra dos Bombeiros, así como efectivos de Protección Civil, Bombeiros, Policía Local, Policía Nacional, Garda Civil e Urxencias Médicas. Foron os buzos da Benemérita os que recuperaron, xa sen vida, o corpo deste mozo.
Por mor deste suceso, varios concelleiros do goberno coruñés entre eles o responsable de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío, abandonaron o pleno que se está celebrando no concello da Coruña.
Fotos-Salvamento Marítimo