Ata fai pouco era un activo colectivo que lanzaba mensaxes e reflexións a través das redes sociais con distintos grupos espallados pola xeografía galega.
Agora a Liga Galeguista deu un paso máis e converteuse nunha asociación cultural «en defensa dos valores do galeguismo histórico, a liberdade individual e a tradición». Afirman querer recuperar as ideas do grupo Nós e séntense herdeiros de Vicente Risco, Otero Pedrayo, Castelao, Fernández Albor, Ramón Piñeiro, Manuel Fraga, Murguía ou Alfredo Brañas.
Teñen a súa propia web e están presentes nas redes sociais @LigaGaleguista_