Martes 19:00h- Unha persoa faleceu esta tarde nun accidente de tractor rexistrado en Carballo. O corpo da vítima quedou atrapado debaixo da máquina.
Os feitos tiveron lugar nunha leira de Cambrelle, na parroquia de Razo. Unha persoa particular daba a voz de alarma ao 112 ás 18:40 horas desta tarde. Segundo indicou, a vítima permanecía debaixo do tractor accidentado.
O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 informou a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de Carballo, que se achegaron ao punto cun equipo de excarceración. A situación tamén foi posta en coñecemento de Protección Civil, da Policía Local e da Garda Civil.
A esta hora, os efectivos de emerxencia permanecen no lugar do accidente.