Un traballador resultou ferido ao caer dende unha altura de dous metros en Carballo. Os feitos tiveron lugar nunha fábrica de aplicacións de formigón situada na estrada que une Malpica e Carballo, concretamente no punto quilométrico 2. O varón foi trasladado por Urxencias Médicas ao CHUAC. Os servizos sanitarios alertaban do sucedido ao 112 Galicia ás 15:30 horas.
Entonces, o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informaba do suceso á Garda Civil e a Protección Civil de Carballo.