10.5 C
Santa Comba
viernes, diciembre 8, 2023

Visita institucional de Ovidio Rodeiro a Arteixo

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou o concello de Arteixo onde mantivo un encontro de traballo co alcalde Carlos Calvelo.

Rodeiro comprobou tamén o resultado das obras de reforzo do firme executadas na estrada AC-552, e que serviron para recuperar o firme e aumentar a seguridade viaria nas travesías urbanas do propio concello arteixán, Vimianzo, Paiosaco, A Laracha, Agualada e Baio. Tamén incluíse nesta actuación, debido ao deterioro que se constatou, o treito que discorre entre a glorieta de Sabón e a de Bajamar (Pescanova), previo ao comezo da travesía de Arteixo.

Infraestruturas e Vivenda, ascendeu a preto de 400.000 euros e está enmarcada nun plan máis ambicioso de reforzo do firme no que tamén se incluíron dúas actuacións en estradas de Oleiros, en concreto nas travesías da AC-175, en Perillo, e na AC-180, no Carballo.

Na súa visita Ovidio Rodeiro destacou a importancia estratéxica de Arteixo, «un concello que segue a manterse como un dos motores da economía de Galicia ao tempo que trabala arreo por compaxinar a súa actividade industrial cun crecemento sostible e co benestar dos veciños».

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos