A responsable de Igualdade da Deputación provincial da Coruña, Ánxela Franco, e o alcalde de Mazaricos, Juan José Blanco Riveiro participarán este vindeiro sábado no acto de posta en marcha do novo ximnasio de Mazaricos, que como comenta o rexedor é «unha das promesas do programa que chanzo a chanzo imos cumprindo».
Blanco Riveiro séntese orgullo deste proxecto porque «é unha instalación importante para mellorar o benestar das veciñas e veciños». A mellora contou co apoio económico da Deputación coruñesa.
Desde o sábado no novo ximnasio poderase practicar distintas modalidades deportivas como Bodyjump, Pilates, Spinning, Cardio-dance ou Crossttrainning. O acceso as instalacións terá un custe de seis euros mensuais.