Os alumnos de 2º de Bacharelato do I.E.S. Terra do Xallas participaron durante tres días (do 8 ao 10 de marzo) nunha completa excursión que os levou a visitar As Médulas onde poideron coñecer «a forma de explotación empregada na maior mina a ceo aberto da época romana, declarada Patrimonio da Humanidade».
Tamén visitaron durante a primeira xornada o Palacio Episcopal de Astorga, obra do arquitecto modernista Antonio Gaudí.
Na segunda xornada, desprazaronse á impresionante cova de Valporquero do Torío (León), recorrendo as seis salas que os ríos crearon na pedra calcaria, con diversidade de formas, columnas, estalactitas e estalagmitas: Sala Pequenas Marabillas, Sala Gran Rotonda, Sala Fadas, Cemiterio, Gran Vía e Marabillas.
Na tarde do xoves 9 de marzo, voltaron para Galicia Norte. En Burela , asistiron á lonxa, onde puideron ver cómo se realiza unha poxa de peixe. Xa o último día(venres) en Burela realizaron unha ruta xeolóxica cunha introdución a nivel histórico e económico a cargo da profesora Bríxida Pino e remataron a etapa matinal na praia das Catedrais.
Desde o IES Terra do Xallas agradecen a colaboración do concello de Burela. Neste traxecto estiveron acompañados por un efectivo de Protección Civil e por Begoña Romo co centro medio ambiental Gaia.
Xa pola tarde os alumnos estiveron en Bares,onde a profesora Aurora Puentes amosoulles o «ollo de sapo», a rocha metamórfica con núcleos de feldespato en forma de ollo.
A seguintes paradas foron en Vixia Herbeira, os acantilados máis altos da Europa continental e en Cabo Ortegal, que coa presenza de anfibolitas está considerado o lugar con rochas máis antigas da Península Ibérica. A derradeira parada foi en Cedeira.
Nota-IES Terra de Xallas- Redacción Adiante






