Falece unha persoa cando circulaba en sentido contrario pola AG-59, en Teo

Unha persoa perdeu a vida onte ao circular en sentido contrario pola AG-59 e impactar o seu coche contra outro vehículo. Os feitos tiveron lugar, concretamente, en Teo, no punto quilométrico 1, sentido A Estrada. Por mor do impacto, no outro turismo houbo un ferido que foi trasladado por Urxencias Médicas ao centro hospitalario de referencia.

O 112 Galicia recibía a alerta da colisión a través dun particular ás 20:35 horas. Segundo o seu relato, acababa de ter un golpe cun coche que viña en sentido contrario. Indicaba, tamén, que o outro turismo estaba parado un pouco máis atrás.

Decontado, o Centro de Atención ás Emerxencias pasou o aviso á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil de Santiago e de Teo, a Urxencias Médicas, aos Bombeiros de Santiago, ao GES da Estrada e ao servizo de mantemento da estrada. Trala colisión formouse retención en ambos sentidos.

Fonte – Axega 112

Imaxe-CRTVG

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos