O departamento de cultura do concello de Santa Comba organiza o vindeiro venres 24 de febreiro, unha homenaxe a Rosalía de Castro, conmemorando o Día de Rosalía que se celebra coincidindo co 180 aniversario do nacemento da escritora galega.
A partir das 10:00h na contorna da Casa da Cultura soarán cancións feitas con textos de Rosalía e unha hora despois(11:00) na Biblioteca municipal haberá unha lectura pública da obra rosaliana coa colaboración do Grupo de Lectura Fácil de Santa Comba e na que tamén estará presente a alcaldesa xalleira, María Pose. A actividade está aberta a tódalas persoas que queiran participar.
Na Biblioteca tamén haberá un panel informativo sobre a vida e obra de Rosalía e un recuncho temático habilitado en homenaxe a autora galega.Ademais, a concellaría de cultura repartirá marca páxinas conmemorativos desta data.