14.2 C
Santa Comba
miércoles, noviembre 29, 2023

Xantar de recoñecemento a José Manuel Arufe Rieiro

Iniciativa da asociación de empresarios, á que se suma o concello de Santa Comba e o Xallas F.C.

A asociación de empresarios de Santa Comba organiza un xantar de homenaxe a José Manuel Arufe Rieiro, para recoñecer a súa traxectoria empresarial. Esta iniciativa conta co apoio do concello de Santa Comba e do Xallas F.C., que se adhiren ao acto que terá lugar o sábado 4 de marzo, as 14,00h no restaurante Casa Aurelio da capital do Xallas.

O empresario José Manuel Arufe, foi vicepresidente e vogal da asociación de empresarios, alcalde de Santa Comba e directivo e xogador do Xallas. Tamén foi deputado provincial.

O prezo do xantar por persoa é de 25 euros. Poden recollerse os tickets nas oficinas da asociación de empresarios ata o 1 de marzo. A cita está a berta a tódalas persoas que desexen asistir.

Foto @AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos