8.6 C
Santa Comba
jueves, enero 23, 2025

O concello de Mazaricos promociónase en Xantar 2017

O concello de Mazaricos promocionará mañá no Salón Internacional de Gastronomía e Turismo Xantar 2017 de Ourense os Bolos do Pote.

Este produto típico asociado ao cocido galego fixo de substituto do pan en épocas de fame e carestía. O seu sabor particular fai del un prato curioso. Para dalos a coñecer únense os Hostaleiros e as Amas de Casa que fomentarán o selo de calidade dos #ProdutosMZ. Por outra banda, ás 3 da tarde terá lugar o showcooking para que os asistentes poidan ver a receita dos bolos. Dito show será retransmitido en directo no facebook do Concello.

O rexedor do concello, Juan José Blanco Riveiro afirmou que «ademais dos bolos do pote levamos dous produtos de alta calidade en Mazaricos, o pan e a carne». Ao fío disto engadiu que «buscamos a maior difusión posible dos nosos recursos para potenciar o sector turístico». Por outra banda, e de cara á Festa do Bolo do Pote, o concello organizará un concurso para os nenos e nenas do Concello, a través dos colexios, para que plasmen este prato. «É importante que as nenas e os nenos tomen consciencia das tradicións da súa zona porque é iso o que crea arraigo e sentimento de pertenza a unha comunidade», explicou o alcalde.

Nota de prensa Concello de Mazaricos

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos