10.8 C
Santa Comba
jueves, noviembre 30, 2023

Un home ferido en Santa Comba tras caerlle unha póla enriba

Un varón xubilado resultou ferido esta tarde en Santa Comba ao caerlle a póla dunha árbore na cabeza. A vítima tivo que ser evacuada nun helicóptero ata un centro hospitalario.

Os feitos rexistráronse nunha zona de monte de Mallón, na parroquia de Cícere. Unha persoa particular alertaba ao 112 Galicia ás 15:30 horas de hoxe.

O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias informou a Urxencias Médicas. Os efectivos sanitarios mobilizaron ata o punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago. A situación tamén foi posta en coñecemento de Protección Civil e da Garda Civil.

Fonte noticia-Axega 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos