//Natalia Lema Otero//
O fisterrán Xosé Iglesias vén de gañar a 9º edición do Certame Literario de Poesía Victoriano Taibo. Un poemario que evoca todos os sentimentos relacionados co mar, dende poemas sobre artes de pesca ata poesías sobre os carpinteiros de Ribeira, lugares e anécdotas que plasman unha vida dedicada a sabedoría do mar.
«A relixión do mar» preséntase como libro no local Portas Ártabras (A Coruña), o 20 de xaneiro ás 22:00. No acto estará o autor falando sobre as motivacións que o levaron a acadar o éxito neste certame. Tamén estará arroupado polo historiador Felipe Senén.
Xosé Iglesias, cun feixe de literatura e premios colleitados as súas costas, deleitará aos presentes co seu saber sobre o mar e cas poesías que editou.