A asociación animalista Anajata organizou o concurso «Comparte o nadal» en colaboración co concello de Muros.Foi un concurso fotográfico na rede social Facebook que pretendía dar a coñecer o traballo desta entidade. Nun «photocall» instalado na praza do concello moitas persoas retratáronse e compartiron as instantáneas.
Entre todos os participantes sorteouse un cruceiro en veleiro pola ría de Muros e un vale de compra de 100 euros para gastar nos comercios do concello.Este venres terá lugar a entrega de premios a Rosario Piñeiro e David Lestón, que foron os ganadores do concurso.