Corenta nenos e nenas de 22 familias desfavorecidas do concello de Santa Comba recibiron os seus agasallos polo día de Reis, grazas a iniciativa «Ningún neno xalleiro sen agasallos» promovida polo departamento de Servizos Sociais municipal que dirixe Esther Espasandín Turnes, en colaboración os Reis Magos e a Fundación La Caixa. Os nenos recibiron xogos educativos e roupa deportiva.
Noutra orde de cousas, este pasado xoves, a alcaldesa María Pose, a concelleira de Servizos Sociais, Muller e Igualdade, Esther Espasandín, e a asesora xurídica do Centro de Información á Muller, Sonia López Mourelle, mantiveron unha xuntanza coa secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella.