5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Excarceran a un condutor en Porto do Son

Os bombeiros excarceraron ao condutor dun turismo que quedou atrapado tras unha colisión en Porto do Son. Sucedeu onte, ás oito da tarde, na AC-550, no lugar de Caamaño.

Dous turismos colidiron e un dos condutores necesitou a axuda dos bombeiros para abandonar o vehículo. Unha vez liberado, foi evacuado, xunto co outro condutor implicado, ao centro hospitalario máis próximo.

Foi unha persoa particular quen alertou ao persoal do 112 Galicia. Dende a central de emerxencias se avisou aos Bombeiros de Boiro, aos voluntarios de Protección Civil, Urxencias Médicas e aos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Fonte-Axega 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos