Unha saída de vía deixa dúas persoas feridas en Outes. Segundo se lle indicou ao 112, unha das vítimas presenta prognóstico grave. As dúas persoas feridas foron evacuadas en ambulancias a centros hospitalarios.
Os feitos tiveron lugar na estrada que une Serra de Outes con Santa Comba, á altura de Banzas, na parroquia de Santo Ourente de Entíns. Tras o sinistro, o vehículo quedou envorcado nunha cuneta.Unha persoa particular chamaba ao 112 Galicia ás 16:20 horas desta tarde para explicar a situación. Segundo confirmou, os dous ocupantes xa conseguiran abandonar o vehículo sinistrado.
Os profesionais do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertaron do accidente aos Bombeiros de Boiro e ao GES de Muros. Tamén se informou a Urxencias Médicas e á Garda Civil de Tráfico.


