O II ciclo de teatro Santa Comba que organiza o departamento de cultura do concello de Santa Comba, acolle desde as 10 da noite deste vindeiro sábado unha nova función, protagonizada pola compañía Teatro Proscrito e polas actrices Isabel Blanco e Sabela Hermida que representarán a obra «Habemus Mama».A entrada é de balde e o acceso ao auditorio do multiusos, libre.
O ciclo concluirá o luns 28 coa obra «Roedores» a cargo da compañía Redrum, que se poderá ver desde as 11 da mañá no multiusos. Asistirán alumnos de alumnos de varios centros educativos de Santa Comba e Mazaricos.