Colisión múltiple en Mazaricos

Un coche chocou contra o garaxe dunha casa tras producirse unha colisión múltiple en MazaricosUnha persoa resultou ferida tras encaixar o coche que conducía no portal dunha casa. Sucedeu ás 21 horas de onte na estrada que une Negreira con Muxía, ao paso pola parroquia mazaricana de Antes.

O impacto produciuse como consecuencia dunha colisión na que se viron implicados un total de tres vehículos. Só a persoa que conducía o coche que entrou polo portal da casa necesitou asistencia médica.

Quen alertou ao 112 Galicia pensou que o ferido quedara, ademais, atrapado no interior do vehículo. Por iso, os xestores do Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a colaboración dos Bombeiros de Santa Comba.Unha vez no lugar do sinistro, os efectivos do parque comarcal comprobaron que a persoa estaba liberada e accesible e foi evacuada ao centro médico de referencia polos servizos sanitarios de urxencia.Non obstante, o impacto provocou danos estruturais importantes e os bombeiros tiveron que apuntalar o garaxe e o portal da casa afectada.

Fonte-AXEGA112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos